lunes, 25 de junio de 2012

moitas eran as ideas...
o tempo deu para isto, e para lembrar o que todos estes anos fixemos para despertar as nosas conciencias...

lunes, 23 de abril de 2012

PROPOSTAS para os nosos Montes


Os nosos montes seguen a sufrir o efecto dos incencios, un efecto producido polo descoido do noso entorno, da nosa paisaxe, de non entender a transcendencia que ten o medio natural para a nosa propia subsistencia.

Como no libro que lemos de “A Árbore Xenerosa” de Shel Silverstein, a Natureza nos brinda todas as súas riquezas, e por contra a humanidade non parece atopar o límite de ata onde pedir.
Como parar esta realidade, como frear os despropósitos, que facer máis aló de criticar a mala xestión do noso medio natural...
...o que queda é facer PROPOSTAS, ideas en positivo, que veñan dende a nosa propia conciencia, falar sobre o tema, debater para comezar a Construír unha nova realidade.
Non debemos temer a inxenuidade do que propoñamos, non debemos ter medo a que quede só en palabras, trátase de espertar conciencias, non hai unha meta física que conseguir, a meta é mudar a nosa forma de pensar...

O que aquí se propón é que cada un de vós aporte ideas, máis concretas ou máis abstractas, un texto breve, un lema, unha frase de que facer para coidar as nosas paisaxes naturais
Podes ler as propostas xa feitas nos comentarios desta entrada, engade a túa PROPOSTA , deixa o teu nome e procedencia e a ver ata onde  chegamos...

LOGO

este é o logo que deseñou Marlen e que xplica bastante fielmente a idea sobre este proxecto