Os nosos montes seguen a sufrir o efecto dos incencios, un efecto producido polo descoido do noso entorno, da nosa paisaxe, de non entender a transcendencia que ten o medio natural para a nosa propia subsistencia.
Como no libro que lemos de “A Árbore Xenerosa” de Shel Silverstein, a Natureza nos brinda todas as súas riquezas, e por contra a humanidade non parece atopar o límite de ata onde pedir.
Como no libro que lemos de “A Árbore Xenerosa” de Shel Silverstein, a Natureza nos brinda todas as súas riquezas, e por contra a humanidade non parece atopar o límite de ata onde pedir.
Como parar esta realidade, como frear os despropósitos, que facer máis aló de criticar a mala xestión do noso medio natural...
...o que queda é facer PROPOSTAS, ideas en positivo, que veñan dende a nosa propia conciencia, falar sobre o tema, debater para comezar a Construír unha nova realidade.
Non debemos temer a inxenuidade do que propoñamos, non debemos ter medo a que quede só en palabras, trátase de espertar conciencias, non hai unha meta física que conseguir, a meta é mudar a nosa forma de pensar...
O que aquí se propón é que cada un de vós aporte ideas, máis concretas ou máis abstractas, un texto breve, un lema, unha frase de que facer para coidar as nosas paisaxes naturais
Podes ler as propostas xa feitas nos comentarios desta entrada, engade a túa PROPOSTA , deixa o teu nome e procedencia e a ver ata onde chegamos...
Podes ler as propostas xa feitas nos comentarios desta entrada, engade a túa PROPOSTA , deixa o teu nome e procedencia e a ver ata onde chegamos...
espallar sementes...
ResponderEliminarVíctor Rodríguez Romero, profesor de Debuxo do IES Xesús Taboada Chivite
E se facemos unha campaña no instituto??????? Eu teño unha idea sobre como facela pero preciso un slogan. Axudádesme co slogan? Como facela: Poñémonos os uns os outros o slogan nas nosas mans cun selo. Que tal? En vez de posters, selos....
ResponderEliminarIsabel Cota, profe de inglés do IES Xesús Taboada Chivite.
Utilizar a lectura de contos, a reflexión e o traballo en equipo para ser máis conscientes.
ResponderEliminarLemos e traballamos varios: A árbore vermella, A memoria das árbores, A árbore xenerosa e continuaremos con outros. Temos pensado ler: O home que plantaba árbores, O elefante e a árbore e A vida nocturna das árbores...
Os traballos que fagamos exporémolos.
Clase de 1º ESO B do IES Xesús Taboada Chivite.
Reciclaremos o lixo das nosas casas ata fin de curso,[1ºESO B].
ResponderEliminarComprometémonos a axudar nas nosas casas para que isto sexa realidade.
Víctor,Noé,Jasmín,Dara.
Propoñemos percorrer as rúas de Verín, vestidos de negro, cuns carteis que digan:"¿Queremos así os nosos montes?"
ResponderEliminarIntentaremos que se unan a nós, outros alumnos do centro.
Brayan, Laura, Esther e David.
1º ESO B do IES Xesús Taboada Chivite.
Ir por todas as clases cun cartel que poña: MMQmmr, e explicar o seu significado, aumentando as propostas.
ResponderEliminarNoa, Mateus, Aitana, Diana, 1ºESO B do IES Xesús Taboada Chivite.
Facer un concurso de poesía que trate das árbores.
ResponderEliminarTania, Claudio, Iria e Mateus.
1º ESO B IES Xesús Taboada Chivite.
Representar o perfil dunha árbore xuntando as nosas mans e facendo a promesa de implicarnos co noso medio.
ResponderEliminarAna,Daniela,Noé,Dani e Enrique.
1ºESO B IES Xesús Taboada Chivite.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarFacer unha oración de vinte e cinco palabras.Cada un de nós escribirá a súa e mostrarémosllas a todo o colexio.
ResponderEliminar"As árbores son moi agradecidas con nós cando as tratamos ben.Cando se destrúen árbores centenarias fáiselle moito dano á NATUREZA e a NÓS mesmos"
Álvaro,Josefina,Josè Luis,Helder.
1ºESO B IES Xesús Taboada Chivite.